Ten | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Pearl Jam | ||||
Publicado | 27 de agosto de 1991 | |||
Gravación | marzo - abril de 1991 | |||
Estudio(s) | London Bridge Studios | |||
Duración | 53:24 | |||
Xénero(s) | grunge | |||
Selo(s) | Epic Records | |||
Produtor | Pearl Jam e Rick Parashar | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
https://pearljam.com/music/album/ten | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Ten é o primeiro álbum da banda estadounidense de grunge Pearl Jam. Foi editado o 27 de agosto de 1991 a través do selo Epic Records. É un dos discos de rock máis vendidos, e en decembro de 2012 Ten levaba unhas vendas de 9.983.000 copias só nos Estados Unidos[1].
O nome do disco é unha homenaxe ao antigo nome da banda, Mookie Blaylock (baloncestista estadounidense o cal usaba o número dez na súa camisola). Foi producido por Rick Parashar, que tamén colaborou gravando piano, órgano e percusión[2].
No mes de febreiro do 2011 foi elixido polos lectores da revista Rolling Stone o terceiro mellor álbum dos anos 90[3]